AXUDA MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS
Dende o día 16 de maio e ata o 26 de xuño queda aberto o prazo para solicitar a axuda de material escolar, libros e fondo solidario de libros de texto para os cursos da ESO.Podese facer a través do enlace que indicamos a continuación ou no centro escolar.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 ás cantareiras, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, ca que se rende homenaxe ás cantareiras para recoller así a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade dende sempre.
Correlingua
O alumnado de 2⁰ ESO do noso instituto estivo no Correlingua 2025, en Santiago, cantando a Rianxeira e mailo Paxaro Pinto para admiración de turistas, peregrinas e viandantes que enchían as rúas da zona vella compostelá. Alternaron os cánticos co berro de "En Rianxo, en galego!"
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
Este vindeiro día 2 de abril conmemórase o Día Mundial do Autismo . Pasamos información sobre diversas actividades que se van levar a cabo no Concello sobre este tema, nas que están incluidas un par de charlas así como a Andaina Solidaría da Asociación de Transtornos do Espectro Autista do Barbanza - BarbanTEA
NON ME DES MÁIS A CHAPA
Compartimos información sobre as xornadas de debate organizadas pola Federación Provincial de ANPAS, que teñen como obxectivo creart un espazo diseñado para que os xóvenes poidan, falar,debatir e reflexionar sobre temas clave como a saúde mental, o acoso,o consumo e a sexualidade.
SEMANA DA DIVERSIDADE
Do luns 24 ao venres 28 de marzo celebrase no IES Félix Muriel a semana da diversidade.
Becas Eurolingua
Haz clic aquí para añadir texto
8M
Homes e mulleres deberíamos loitar xuntos pola igualdade de oportunidades, porque en definitiva todos somos persoas que loitamos polos nosos dereitos
Taller Formación sobre Epilepsia
Talleres moi interesantes para poder afrontar a epilesia no seu día a día.
Sorteo cesta de Entroido
O número premiado para a cesta de Entroido para a excursión das "Sendas Esquecidas" de 1º de Bacharelato é o 386.
Entroido no Félix Muriel
Para non perder as nosas costumes, durante estas datas celebrouse o entroido no FÉLIX MURIEL. Como anos anteriores, os nosos rapaces e rapazas disfrazaronse para participar nesta celebración, durante a cal se levou a cabo un concurso de coplas polo que a diversión estivo asegurada.
Crea tu propia página web con Webador