HORARIO PRÉSTAMO LIBROS
TODOS OS MÉRCORES NO 1º E 2º RECREO
NOTA: EN CASO DE SER NECESARIO AMPLIAR OS DÍAS, SERÁ NOTIFICADO POLO WHATSAPP
¡Bienvidos o noso blog!
Na Anpa Virxe de Guadalupe, esforzamonos en promover a participación activa das familias na educación dos nosos fillos. Aquí encontrarás noticias sobre as nosas actividades, así como consellos para fortalecer a relación entre o instituto e o fogar.
¡¡¡¡RECORDATORIO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS!!!
Queremos recordar que o prazo para a inscrición de socios/as da ANPA, rematará o vindeiro 30 de Setembro.
Podedes facelo a través dos seguintes canles:
Formulario web/ Inscrición on line:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf-lMeNKWc_4NFA8lUQQjQpVvI-ohGoeQn-TPOp4THNTM0DMQ/viewform
Entrega presencial: Na caixa situada na conserxería ou no local da ANPA en horario 10:10 a 10:30 e 12:10 a 12:30.
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar no correo electrónico anpafelixmuriel@gmail.com ou por WhatsApp no teléfono 672 820 832
BIBLIOTECA DA ANPA
Listaxe de libros dispoñibles para os socios
IMPORTANTE
Para garantir que os alumnos podan desfrutar da Biblioteca da ANPA, non se prestarán novos libros ós usuarios que teñan entregas pendentes fora de prazo.

LIBROS DE TEXTO
PRÉSTAMO: A principio de curso, previa inscrición ca solicitude que se recibe por WhatsApp
DEVOLUCIÓN: A final de curso, cando rematen as clases.
As datas e os horarios notificaranse polo grupo de difusión

LIBROS DE LECTURA EN CASTELÁN E GALEGO
O noso horario serán todos os mércores no 1º e 2º recreo e deberán devolverse unha vez remate cada trimestre, salvo que se necesite o libro durante todo curso.
Entroido 2026 no IES Félix Muriel
Outro ano mais, a ANPA do IES Félix Muriel de RIanxo, colabora co Instituto para celebrar o Entroido. Festa e concurso de disfraces acompañado da merenda típica destas datas.
COMUNICACIÓN ENTRE FAMILIAS
O venres 16 de Xaneiro do 2026 as 18:30 no salón de actos do IES Félix Muriel de Rianxo, haberá unha charla impartida por Juan Permuy sobre a "Comunicación entre familias". Estades todos convidados!!!!

EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL PARA FAMILIAS
O día 24, coincidindo cos talleres de audiovisuais para os nenos e nenas, haberá unha charla, subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, na que se abordará a "Educación afectivo sexual para familias" na que están convidados todos os pais e nais.
TALLERES AUDIOVISUAIS
Dende o 24 de Novembro e ata o 28 de Novembro acolleremos no IES Félix Muriel uns talleres audiovisuais, promovidos pola Asociación cultural Alberto Romero. Todavía están abertas as inscricións.
CURSO 2025/2026
Comenzamos un novo curso cheo de novas que esperamos sexan ben acollidas
AXUDA MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS
Dende o día 16 de maio e ata o 26 de xuño queda aberto o prazo para solicitar a axuda de material escolar, libros e fondo solidario de libros de texto para os cursos da ESO.Podese facer a través do enlace que indicamos a continuación ou no centro escolar.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 ás cantareiras, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, ca que se rende homenaxe ás cantareiras para recoller así a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade dende sempre.
Correlingua
O alumnado de 2⁰ ESO do noso instituto estivo no Correlingua 2025, en Santiago, cantando a Rianxeira e mailo Paxaro Pinto para admiración de turistas, peregrinas e viandantes que enchían as rúas da zona vella compostelá. Alternaron os cánticos co berro de "En Rianxo, en galego!"
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
Este vindeiro día 2 de abril conmemórase o Día Mundial do Autismo . Pasamos información sobre diversas actividades que se van levar a cabo no Concello sobre este tema, nas que están incluidas un par de charlas así como a Andaina Solidaría da Asociación de Transtornos do Espectro Autista do Barbanza - BarbanTEA
NON ME DES MÁIS A CHAPA
Compartimos información sobre as xornadas de debate organizadas pola Federación Provincial de ANPAS, que teñen como obxectivo creart un espazo diseñado para que os xóvenes poidan, falar,debatir e reflexionar sobre temas clave como a saúde mental, o acoso,o consumo e a sexualidade.
SEMANA DA DIVERSIDADE
Do luns 24 ao venres 28 de marzo celebrase no IES Félix Muriel a semana da diversidade.
Becas Eurolingua
Haz clic aquí para añadir texto
8M
Homes e mulleres deberíamos loitar xuntos pola igualdade de oportunidades, porque en definitiva todos somos persoas que loitamos polos nosos dereitos
Taller Formación sobre Epilepsia
Talleres moi interesantes para poder afrontar a epilesia no seu día a día.
Sorteo cesta de Entroido
O número premiado para a cesta de Entroido para a excursión das "Sendas Esquecidas" de 1º de Bacharelato é o 386.
Entroido no Félix Muriel
Para non perder as nosas costumes, durante estas datas celebrouse o entroido no FÉLIX MURIEL. Como anos anteriores, os nosos rapaces e rapazas disfrazaronse para participar nesta celebración, durante a cal se levou a cabo un concurso de coplas polo que a diversión estivo asegurada.
Sobre nós
Somos unha asociación comprometida coa educación e o benestar dos nosos rapaces. O noso obxectivo é crear un espazo de apoio e colaboración entre as familias e a comunidade escolar. ¡Únete a nosa comunidade e xuntos marquemos a diferenza!
DIRECTIVA:
Sonia Yáñez Rodríguez - Presidenta
Noelia Tembra Piñeiro - Vicepresidenta
Rosa María Carou Domínguez - Secretaria
Maira Castaño Moares - Tesoureira
María Dolores Rial López - Vogal
Inés Mourelos Pérez - Vogal
Isabel Losada Abuín - Vogal
Anpa Virxe de Guadalupe
María Ana Mogas nº1 - Rianxiño
15920 - Rianxo - A Coruña
Teléfono: 672820832
Crea tu propia página web con Webador