DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Publicado el 17 de mayo de 2025, 14:12

Feliz día das letras galegas!!!

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 ás cantareiras, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva,  ca que se rende homenaxe ás cantareiras para recoller así a  importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade dende sempre. 

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios