SEMANA DA DIVERSIDADE

Publicado el 24 de marzo de 2025, 12:23

Do luns 24 ao venres 28 de marzo celebrase no IES Félix Muriel a semana da diversidade.

Trátase dunha celebración anual que reflicte a nosa identidade como centro educativo comprometido coa inclusión, o respecto e a igualdade. Cada ano, esta iniciativa convértese nun espazo de aprendizaxe e reflexión, onde toda a comunidade educativa ten a oportunidade de coñecer, comprender e valorar a riqueza da diversidade humana.

O alumnado do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia xoga un papel fundamental na organización da semana da diversidade. Tanto na preparación (elaborando materiais educativos para que o alumnado de ESO e Bacharelato traballe durante o mes de mazo), como no desenvolvemento da mesma (acompañando ás entidades e velando porque as actividades funcionen) e a posterior avaliación. 

Durante esta semana o noso centro énchese de entidades da contorna que comparten experiencias e achegan á mocidade de Rianxo a realidade das persoas con diversidade física, sensorial, cognitiva ou con enfermidades mentais. Fano de xeito dinámico e participativo a través de obradoiros e charlas adaptadas.

Celebramos esta semana da diversidade porque o IES Félix Muriel defende unha escola aberta, igualitaria e diversa. Cremos firmemente que a educación non só se basea en contidos académicos, senón tamén en formar cidadáns comprometidos, solidarios e respectuosos coas diferenzas.

(Adxuntamos o progama da semana da diversidade)

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios